miércoles, 23 de septiembre de 2009

MARK AND THE SPIES + LOS CHAVALES



Mércores 30 ás 21,30h.

15 € | Adiantada (A Reixa Tenda, Discos Gong): 12 € | Tripulación: 7 € - Por Internet: 12 €

Mark&The Spies son: Mark (baixo, voces), Arjan (guitarra, voces), Gerrit (batería) e Jelle (teclados, saxofón)
escoitaos: http://www.myspace.com/markandthespies
web: http://www.markandthespies.nl/

Mark & The Spies son un cuarteto holandés que manufactura excelentes cancións entre o mersey-beat e o garaxe. As súas influencias van desde os inevitables Beatles ata o son da Motown, pasando polo pop garaxeiro coma o de The Remains ou The Motions, os Who da primeira época ou os Zombies. Por tanto, é doado imaxinar como é a súa música: melodías que quedarán gravadas no miolo, harmonías vocais sinxelas e ben estruturadas e un toque de beat garaxeiro, executado con tanta credibilidade que te deixarás levar coma se estiveses bailando con Easybeats, Hollies ou Grassroots. Formados en 2007, veñen de publicar o seu segundo disco co selo Screaming Apple Records, titulado “Give me a look”, toda unha garantía de calidade.

Abrirán a noite Los chavales, pura diversión adolescente, enerxia e pop dos sesenta. Os seus concertos son como un guateque moi espacial no que se dan cita todos os grandes do ye-yé español, versioneados con solvencia por estes catro chavales, con Alfonso Espiño á fronte (ex-mega purple, los contrastes).

No hay comentarios: