viernes, 14 de noviembre de 2008

Andres do Barro



Andrés Lapique do Barro (Ferrol, 1947 - 1989) naceu no seo dunha familia da Armada. No entanto, os pasos de Andrés non se decantaron pola vía militar, mais pola música.

Coñecido popularmente como Andrés do Barro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego na ditadura franquista, coas dificultades que levaba implícito. Porén, os manifestos atrancos para a expresión musical en galego non impediron que un sinxelo seu chamado O tren se situase como número un nas principais cadeas radiofónicas estatais.

Esta circunstancia, insólita por aqueles anos para unha lingua que nin tan sequera recoñecera un estatus de oficialidade, provocou que o franquismo o intentase asimilar. Nesta tarefa, o sistema da ditadura contou con dúas vantaxes:

* a aparente carencia de mensaxe nas letras de Do Barro (algunhas delas, compostas polo escritor Xavier Alcalá, compañeiro de xogos en Ferrol).
* a aparición de ofertas para Do Barro cantar en castelán, e mesmo un papel protagonista no filme La red de mi canción (ás ordes de Mariano Ozores e con Concha Velasco, nunha aventura cinematográfica que fracasou).

[editar] Discografía

* Me Llamo Andrés Lapique do Barro (LP 1970)
* Señora Mia (LP 1975)
* ¡Pum! (LP 1975)

No hay comentarios: