martes, 27 de noviembre de 2007

Sala Nasa 1 de Diciembre


MEU E FORTUNE TELLERS


FORTUNE TELLERS / MADRID
"Remember The Future & Taste Broken Cups" é o novo LP/CD da banda madrileña Fortune Tellers. Un disco gravado da man de José María Rosillo (Deluxe, Sunday Drivers...) que deixa plasmado en doce cancións toda a intensidade que a banda desprega nos seus directos, cuhna aposta afastada do seu primeiro traballo e cunha versatilidade sonora que amosa o protagonismo que Fortune Tellers outorga ás súas cancións. Este novo traballo demostra a evolución dun grupo que desde a súa formación non parou de medrar tanto a nível creativo como nas súas actuacións en directo.

O seu novo traballo, cun son máis potente e duro, fará gozar aos admiradores de bandas como Humble Pie, The Who, Traffic e outras máis actuais como Kula Shaker, Supergrass, Ocean Colour Scene.. Todas elas influencias moi directas na música de Fortune Tellers. Unha banda que reclama o seu oco no actual panorama independiente a carón de grupos como Sidonie, The Sunday Drivers, Lori Meyers , Meu, Biscuit...http://www.myspace.com/losfortunetellers
http://www.fortune-tellers.net

MEU / GALIZA
Coa súa presentación en 2005 "Wha´s Up!", Meu coleccionaron unha infinita lista de boas críticas e cos seus explosivos directos colleitaron unha numerosa lexión de fans por todo o país. Agora volven á primeira liña do pop con este novo disco titulado "Did You Hear?". Gravado nos estudios Audiomatic de Madrid no pasado mes de xuño baixo as ordes de José M. Rosillo (La Buena Vida, Sunday Drivers, Iván Ferreiro, Sexy Sadie ou Marlango), presentan un disco variado e sorprendente de principio a fin. Talento compositivo, calidade instrumental e sobre todo elegancia. En 45 minutos o grupo dá renda solta ás súas obsesións musicais. En "Heatless" déixanse levar polo escurantismo musical das películas de Tarantino, con "Make It Worst" póñennos a pel de galiña, puro pop art sonoro. En "My Room" ou "S.U.V Love" herdan a maxia de The Clash ou The Specials para seducirnos con sons máis xamaicanos. "Overview" e "Fear" devólvennos aos Meu punk popeiros que nos cautivaron no seu primeiro disco...http://www.meu.es
http://www.myspace.com/meuwhatsup

1 comentario:

Anónimo dijo...

MARGA A ESTE PASO SE TE VA A ACUMULAR EL CHOLLO, PORQUE ESE CONCIERTO ES EL SÁBADO. POR CIERTO, MAÑANA COGEN LAS ENTRADAS DE SIDONIE. UN BESO.
DANI.